NaDo (A Coruña): somos o verán, irmao

Imagen
Se David Mella traballara en NaDo diría: “Somos o puto verán, irmão”. Verán xantamos hoxe. Bonito, tomate, boquerón, escarola, sardiña*, pementos de Padrón, mexillóns, lumbrigante... Mola a nova estrutura de menús de NaDo. Hoxe foron os grandes clásicos - caeu a vieira con holandesa, por suposto; e, por suposto, tamén o flan - e peixe á grella para rematar a función: un tremendo rodaballo que ben podería ter sido un ollomol. Bos viños na carta: escollemos o fantástico Acios da Xesteiriña e unha pineau d’aunis do Loira, Galicia en Francia. Dicía Iván Domínguez : “Como non me decatara antes.” Iso, como non se decatara antes... 😉 (*) Mira que son pouco de gilda, pero esta... Ver esta publicación en Instagram

Revisitando a grella do Material (Malpica)


Comezamos o ano gastronómico, case como o pasado, en Malpica, nas grellas do Restaurante Material.

Pargo e frisona galega, no punto axeitado. Antes, mexillóns en escabeche e ameixa rubia á brasa. O magnífico 200 Cestos de A Coroa na copa.

Da igual que chova como chovía onte: hai que vir probar esta proposta.

Comentarios

Entradas populares

¿Dónde tomarse un buen gin tonic?

¿El mejor asador de Coruña?

Restaurantes coruñeses: ranking 2008