Entradas

Mostrando entradas de julio, 2024

NaDo (A Coruña): somos o verán, irmao

Imagen
Se David Mella traballara en NaDo diría: “Somos o puto verán, irmão”. Verán xantamos hoxe. Bonito, tomate, boquerón, escarola, sardiña*, pementos de Padrón, mexillóns, lumbrigante... Mola a nova estrutura de menús de NaDo. Hoxe foron os grandes clásicos - caeu a vieira con holandesa, por suposto; e, por suposto, tamén o flan - e peixe á grella para rematar a función: un tremendo rodaballo que ben podería ter sido un ollomol. Bos viños na carta: escollemos o fantástico Acios da Xesteiriña e unha pineau d’aunis do Loira, Galicia en Francia. Dicía Iván Domínguez : “Como non me decatara antes.” Iso, como non se decatara antes... 😉 (*) Mira que son pouco de gilda, pero esta... Ver esta publicación en Instagram

Ultramarinos Galera (A Coruña): a lousa como esencia

Imagen
Cando entres en Ultramarinos Galera só tes que facer unha cousa: ollar á esquerda, detrás da barra, e sacar unha foto da pizarra co produto do día. Non precisas nada máis, nen a carta, porque aí tes toda a esencia. Senta na mesa e sofre por non poder elixilo todo. Nós fomos polo moi bo salpicón de bogavante, polo fresquísimo tartar de bonito con gazpacho de remolacha e parmesano, polos salmonetitos fritos, por unhas fantásticas gambas brancas, polos carabineros con ovos (pinchazo na xema, moi pasada, case sólida). Estupendo xantar. (Non é de todo certo que non haxa que consultar a carta: cómpre mergullar na de viños, moi ben feita. Nós escollemos ese @mixturaiw que é pura seda). Ver essa foto no Instagram Uma publicação compartilhada por Manoel Foucellas (@manoelfoucellas)

Inspiración en Culler de Pau (O Grove)

Imagen
Sete de xullo tras sete de xullo, puntualmente, regresamos a Culler de Pau , xa hai moitos anos. Moitos máis aínda pasaran desde aquela primeira visita no 2009. E a verdade é que a progresión ten sido abraiante. En especial nos últimos tempos, dun ano a outro nótase a evolución. Tanto, que xa teño gastadas todas as palabras para describila. Só podo dicir que cada vez gaña en completitude, en capacidade de inspirar. Digo inspirar non só polo que chega ao prato. Digo inspirar porque Javi Olleros ten que ter uns ovos xigantes para, dispondo como dispón de toda a artillería do produto do mar galego á vista desde a xanela, tente deixar gravados nos padais unha sinxela cebola ou unha modesta acelga. E tamén o talento para atinxilo. E digo inspirar porque todo por alí zumega humildade, materializada nese porse de crequenas de Javi cando se achega a mesa a explicar, sempre con brillo nos ollos, o seguinte bocado. Podería falar do impresionante prato de peixe sapo (a pel, o fígado), da...

Divino Steakhouse (O Burgo, A Coruña): para tamén presumir de carne

Imagen
Pequena paréntese antes de pechar o percorrido andaluz. Por un momento, pasamos do peixe á carne. Porque sábado fun xantar a Divino Steakhouse e iso sempre merece ser contado . Presumimos os galegos, con razón, de ter o mellor produto do mar e uns restaurantes que o coidan e até o melloran. Porén, non acontece o mesmo coa terra: ninguén pon en dúbida a calidade da carne galega, pero talvez non temos aínda esas referencias indiscutibles no lume, na grella. É por iso polo que teño gabado recentemente por aqui lugares como Asador O Pazo , Albanta ou Material : cada un no seu estilo, fan xirar a súa proposta arredor dun emprego excelente do lume. E é por iso polo que fago esta paréntese para contar o xantar en Divino . Porque manexan un produto asombroso, seguindo a pista case como un fillo a cada animal. Porque dominan o lume para dar un ponto perfecto sempre e en cada ocasión. Porque rodean á peza principal de “secundarios” de luxo: a cecina, o steak tartar, o carpaccio cando o h...