NaDo (A Coruña): somos o verán, irmao

Imagen
Se David Mella traballara en NaDo diría: “Somos o puto verán, irmão”. Verán xantamos hoxe. Bonito, tomate, boquerón, escarola, sardiña*, pementos de Padrón, mexillóns, lumbrigante... Mola a nova estrutura de menús de NaDo. Hoxe foron os grandes clásicos - caeu a vieira con holandesa, por suposto; e, por suposto, tamén o flan - e peixe á grella para rematar a función: un tremendo rodaballo que ben podería ter sido un ollomol. Bos viños na carta: escollemos o fantástico Acios da Xesteiriña e unha pineau d’aunis do Loira, Galicia en Francia. Dicía Iván Domínguez : “Como non me decatara antes.” Iso, como non se decatara antes... 😉 (*) Mira que son pouco de gilda, pero esta... Ver esta publicación en Instagram

Muelle 33: por fin cociña de nivel en Sada


Para a miña desgraza, porque moro moi preto, o litoral de Oleiros e Sada, desde Santa Cristina a Gandarío, é un deserto gastronómico. A única excepción, que eu coñeza, é o excelente Atelier de Amanda de Mera, do que xa teño falado por aquí.

Ou debo dicir era. Porque hoxe, no porto de Sada, coñecín o Muelle 33, que entra directo á lista de oasis. Proposta sinxela, toda mariñeira; carta breve, cunha ducia de opcións; execución precisa, sen malabarismos innecesarios, desde a cociña á vista.

En pleno agosto, non podía faltar o bonito, prancha e escabeche. Nen os pementos de Padrón, que acompañaron a unha moi boa pescada en tempura con alioli cítrico. Tamén notábel o polbo á grella con escuma de pataca e allada. De inicio, berberechos ao viño branco e salpicón de peixe sapo e langostinos: sempre gosto deses aliños neutros que están aí pero deixan o protagonismo a quen ten que telo.

Moi interesante tamén a escolma de viños. Como case sempre que o atopo, A Espedrada de Adega O Cabalín foi a escolla: magnífico godello de Valdeorras.

¡Que boa noticia atopar restaurantes que valen a pena nunha vila como Sada, que tanto os precisa!

Comentarios

Entradas populares

Restaurantes coruñeses: ranking 2008

¿Dónde tomarse un buen gin tonic?

¿El mejor asador de Coruña?