Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2021

Atelier de Amanda (Mera, Oleiros): fixémoslle caso ao faro

Imaxe
Seica o faro de Mera e a Torre de Hércules levan décadas laretando dun lado ao outro da ría, coma dous vellos sentados en bancos distintos dun mesmo paseo. Hoxe, sol de novembro e día de primavera, ouvíanse ben. A Torre presumía de cidade, de rúas e de xente. O faro, máis calado, apuntaba cara a terra, a unha Mera case baleira, onde fumega a cociña do Atelier de Amanda . Fixémoslle caso ao faro. Dos xa coñecidos, o sashimi de vieira chegou desta vez morno: gosto máis desta versión de outono; a carbonara de migas, ovo, San Simón e chourizo segue a ser un pratazo. Chourizo tamén nas novidades, con castañas nas croquetas, mellores que as de queixo; estupendo o allo branco con sardiña e algas que traía o mar enteiro dentro. Como o traía o sargo de Pescados Rabina cun fondo de patacas de Coristanco. A sobremesa (remolacha, limón e froita da paixón) gañou a miña atención: novidade! O Bierzo tamén quixo sentar á mesa: Ultreia Rapolao de Raúl Pérez . Novembro, sol, mar, paseo e unha bo...

Salitre (A Coruña): saber facer

Imaxe
Que solvencia a de Salitre . O rapiño con patacas, impecable, co seu mollo dourado. Empanada de bonito. Tataki de croca. E cañitas de crema. Na copa, o Finca Meixemán de Adegas Guímaro , da Ribeira Sacra: unha compañía de luxo. Facer ben o de sempre, sen fachendas. Non é pouco. Ver no Instagram AS FOTOS 6 fotos

O Eirado (Pontevedra): o encanto da Praza da Leña

Imaxe
Mola a Praza da Leña de Pontevedra: casas de pedra con galerías, terrazas ao sol e, entre outras cousas, O Eirado . Alí foi o sargo á galega, o bonito con kimchi, un steak tartar e tarta de mazá. Nivel. Pero permitídeme que fale do pan. Millo, trigo e centeo: a codia crocante, o sabor da boroa, a esponxosidade da miga, a acidez da masa nai. Pan, moito pan, nestas semanas. Que sirva este anaco do Eirado de homenaxe a todo ese pan, o mellor do mundo, o que probablemente os galegos non valoramos dabondo. Ver no Instagram AS FOTOS 6 fotos

Jaleo (A Coruña): copa e mesa, cada unha á súa altura

Imaxe
De viños en Jaleo , e ben acompañados. Dous nomes na copa: un Lagar de Pintos Los Nietos, xa con anos (2015), do Salnés, e un Alanda de Monterrei do 2018. Á mesa, mexillóns, volandeiras e polbo. Copa e mesa, cada unha á súa altura. Ver no Instagram AS FOTOS 5 fotos

Greca (A Coruña): a confianza de barrio

Imaxe
Xa case non quedan desas casas de comidas, desa confianza de barrio. Por iso é tan bo que exista Greca . Adoito as casas así non presumen de nada e á mesa chegan pratos sen aspavento, dos que se agradecen: tataki de atún, xurelo, bocadillo de churrasco, tartar de salmón e, de postre, tarta de tres queixos. Na copa, un Desconcierto 2020, albariño de Antonio Galiñanes . Hoxe tocaba Rías Baixas. Ver no Instagram AS FOTOS 8 fotos