Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2025

Entre mareas e leiras en Pementa Rosa (Carballo)

Imaxe
Tres surfistas camiñan cara á auga coas táboas baixo o brazo, tres figuras minúsculas na inmensidade da praia. Baldaio, co ceo de chumbo e o mar rompendo lonxe: un deses días nos que o ollar vai do un ao outro sen acabar de decidirse. Non sei se os surfistas atoparían o que buscaban nas ondas. Nós si tiñamos claro onde queriamos chegar despois de percorrer o enorme areal de beira a beira: a Pementa Rosa , en Carballo. Xa sentados á mesa, semellaba que seguíamos a carón do Atlántico, dos montes e das hortas de arredor: usuzukuri de robaliza con bilbaína, moi bo; vieira con demiglace de ave e Galmesán; cigalas con fabas de Ponteceso (de Colectivo Xebre ); un sanmartiño excelente co seu pilpil; e unhas cantarelas con pataquiñas e ovo. Na copa, como Rubén é un fan do champagne, a elección veu case dada: o Philipponnat que nos trouxo acompañou moi ben a viaxe. Fóra, en Baldaio, ficara o mar coa súa teima de romper sempre no mesmo sitio. Dentro, por un tempo, tamén tivemos o noso pe...

O novo rumbo do Timón Bar (Ferrol)

Imaxe
Hai máis ou menos un ano fomos tomarlle a última a José María Jordán ao Timón Bar , a piques de xubilarse. Algún tempo despois, coñecíamos quen lle ía dar o relevo e sorrimos: Dani Carballeira aos viños e Cosmik na cociña. Esta fin de semana achegámonos a Ferrol para comprobar se o sorriso tiña razón de ser. E tiña. Digamos que aconteceu unha evolución en tres tempos. Mola moito que, alén do nome, o bar en si mesmo permaneza case como na etapa anterior, á súa vez herdeira daquela Casa de Comestibles na rúa San José da Coruña. Na cociña, varios elementos moi recoñecibles seguen na carta, como o salmón gravlax ou o steak tartare, entre outros. Pero tamén aparecen pratos novos. En calquera caso, unha proposta moi ben resolta. Nós puxémonos nas súas mans e pola mesa pasaron ostras, sopa de tomate e remolacha, bonito encebolado con figos, o steak tartare, navallas á tixola, un linguado á bilbaína e, para rematar o salgado, os “callos cósmicos”, ben bós. Larpeira e proposta doce, t...

A nova taberna de Casa Solla (Poio)

Imaxe
¡Que boa idea tivo Pepe Solla ! Eu lembraba ese recanto medio agachado cos sofás, no que, efectivamente, non apetecía moito sentarse a tomar un café ou incluso unha copa despois de gozar do menú no luminoso e acristalado comedor, sobrevoando o xardín. Agora, ese espazo mudou nunha taberna. Nunha taberna moi especial. Preside unha gran mesa-barra, rodeada dunha ducia de cadeiras, onde un cociñeiro finaliza en vivo os pratos diante dos comensais, coa axuda dunha pequena grella e pouco máis. Tras el, unha lousa indica as opcións do día: propostas sinxelas pero cun nivel de preparación acorde ao restaurante gastronómico que opera apenas uns pasos por detrás. Preside a mesa un tocadiscos, onde se pinchan os vinilos expostos nunha das paredes de pedra, por selección en estritas quendas dos clientes do día. Na miña visita, por alí pasaron Blur os Strokes ou The National, entre outros (afortunadamente, non me pareceu albiscar reguetón). Pero o máis importante chega en tres tomos: a car...