NaDo (A Coruña): somos o verán, irmao

Imagen
Se David Mella traballara en NaDo diría: “Somos o puto verán, irmão”. Verán xantamos hoxe. Bonito, tomate, boquerón, escarola, sardiña*, pementos de Padrón, mexillóns, lumbrigante... Mola a nova estrutura de menús de NaDo. Hoxe foron os grandes clásicos - caeu a vieira con holandesa, por suposto; e, por suposto, tamén o flan - e peixe á grella para rematar a función: un tremendo rodaballo que ben podería ter sido un ollomol. Bos viños na carta: escollemos o fantástico Acios da Xesteiriña e unha pineau d’aunis do Loira, Galicia en Francia. Dicía Iván Domínguez : “Como non me decatara antes.” Iso, como non se decatara antes... 😉 (*) Mira que son pouco de gilda, pero esta... Ver esta publicación en Instagram

Triciclo (Madrid): hai vida lonxe das estrelas


Vive Madrid no post-pandemia nunha exuberancia de restaurantes de perfil alto, apertura tras apertura, coreados e amplificados en medios e redes: “templos do produto”, asadores, xaponeses, lugares para ver e ser visto entre brioches con caviar, chuletóns madurados 210 días e botellas de champagne.

Atendendo á miña experiencia, algúns, coido que só uns poucos , merecen moito, moitísimo a pena. Outros, os máis, traen unha sorte de inflación repetitiva que me xera moitas dúbidas a medio prazo.

Afortunadamente, por baixo desa capa, algo máis lonxe dos focos ou diretamente fora deles, unha boa morea de lugares construen unha reputación sólida baseada no bo facer, no sentido común, en algo tan elemental - e non sempre situado no centro - como unha cociña solvente e fiable.

Teño falado por aquí de lugares como La Piperna, Bistronómika, Surtopía ou Taberna Verdejo, por citar algúns. Engado agora a esa lista Triciclo.

Num acolledor local no Bairro das Letras, e coa posibilidade de pedir case toda a carta en medias racións ou incluso tercios, representa esa cociña que, sen renunciar á creatividade, mantén os pés na terra ao tempo que mostra personalidade propia.

Ahí están os seus clásicos, como o ollomol á madrileña pouco feito, o polo guisado con gamba ou o steak tartare con huevo e huevas. Sempre bastantes opcións fora de carta, desta vez alcachofas, chícharos e trufa ou parpatana de atún. E unha adega que vale a pena.

Hai vida lonxe das estrelas...

Comentarios

Entradas populares

¿Dónde tomarse un buen gin tonic?

Restaurantes coruñeses: ranking 2008

¿El mejor asador de Coruña?