A N-651 ou o infravalorado pracer de recuncar
O infravalorado pracer de recuncar. Nestes tempos nos que só parece interesante a última apertura, o prato que ninguén probou, hai quen pensa que quen repite é que non ten onde ir. Eu coido que o que ten é memoria, e que poucas cousas hai tan ben gastadas coma un sábado repetido. O meu ten número de estrada: a N-651, a de toda a vida entre Betanzos e Ferrol, que un percorre sen mirar os sinais porque xa os leva aprendidos. Ten curvas que coñezo polo nome e dúas paradas que non perdoo. A primeira, en Laraxe. Chámase ao timbre da Vinoteca O Gaiteiro , ábrese a porta e o tempo perde autoridade. Champán, anchoas e conversa con Suso para a previa, que non é preciso inventar cousas cada día. A segunda, a cinco minutos, en Magalofes. No Muíño do Vento agardan as monumentais ameixas de sempre, desta vez babosa de ben pertiño, da confraría de Barallobre. Se Ban Varela di que hai que tomar salpicón de lumbrigante, tómase: bicho a esgalla, adubo leve. E un pedazo de pargo para rematar, coas...
Eu vou a pedir axuda no meu blog, a ver se facemos xa unha pre-selección...
ResponderEliminarE grazas por convocar de novo o concurso fotográfico, co que tanto disfrutei (pese a non gañar, unha cousa non ten que ver coa outra...) na anterior xantanza.
Sen coñecer moito a zona, eu propoño como opción un pincho previo en Betanzos. Aínda que se sabedes dun sitio en Cambre aforramos o desprazamento.
ResponderEliminarE que estean atentos os gañadores do I World Xantanza Photo, que vimos dispostos a dar guerra :-)