NaDo (A Coruña): somos o verán, irmao

Imagen
Se David Mella traballara en NaDo diría: “Somos o puto verán, irmão”. Verán xantamos hoxe. Bonito, tomate, boquerón, escarola, sardiña*, pementos de Padrón, mexillóns, lumbrigante... Mola a nova estrutura de menús de NaDo. Hoxe foron os grandes clásicos - caeu a vieira con holandesa, por suposto; e, por suposto, tamén o flan - e peixe á grella para rematar a función: un tremendo rodaballo que ben podería ter sido un ollomol. Bos viños na carta: escollemos o fantástico Acios da Xesteiriña e unha pineau d’aunis do Loira, Galicia en Francia. Dicía Iván Domínguez : “Como non me decatara antes.” Iso, como non se decatara antes... 😉 (*) Mira que son pouco de gilda, pero esta... Ver esta publicación en Instagram

Aclimatándonos á terra...


A aclimatación vai acontecendo sen maiores problemas 😉

O polbo foi na Pulpeira do Rompeolas; antes,mergullamos en sabores galegos, do pan ao queixo e marmelo, en Nado; hoxe, a previa da noiteboa foi na Taberna 5 Mares, poderosa suma de simpatía, cociña e entorno.

Para a noite, xa temos os viños preparados... 😋

Comentarios