NaDo (A Coruña): somos o verán, irmao

Imagen
Se David Mella traballara en NaDo diría: “Somos o puto verán, irmão”. Verán xantamos hoxe. Bonito, tomate, boquerón, escarola, sardiña*, pementos de Padrón, mexillóns, lumbrigante... Mola a nova estrutura de menús de NaDo. Hoxe foron os grandes clásicos - caeu a vieira con holandesa, por suposto; e, por suposto, tamén o flan - e peixe á grella para rematar a función: un tremendo rodaballo que ben podería ter sido un ollomol. Bos viños na carta: escollemos o fantástico Acios da Xesteiriña e unha pineau d’aunis do Loira, Galicia en Francia. Dicía Iván Domínguez : “Como non me decatara antes.” Iso, como non se decatara antes... 😉 (*) Mira que son pouco de gilda, pero esta... Ver esta publicación en Instagram

Unha mañá por Ferrolterra


Seguimos co reencontro. Un percurso mañaneiro por Ferrolterra, do miradouro do Monte Ventoso até o Cabo Prior, pasando polas praias de Doniños, San Xurxo e Covas: areais salvaxes que amosan a forza do Atlántico. ¡Que paisaxes!

E despois de encher os ollos e a alma, tocaba encher o bandullo. Escollemos A Gabeira, en Valón, onde saben moi, pero moi ben o que fan. Tremendo o centolo; excelentes os peixes (peixe sapo e robaliza) e unha adega moi ben poboada. O Zárate Balado do 17 de Eulogio Pomares estaba magnifico.

Planazo!

Comentarios

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario...

Entradas populares

¿Dónde tomarse un buen gin tonic?

¿El mejor asador de Coruña?

Restaurantes coruñeses: ranking 2008