NaDo (A Coruña): somos o verán, irmao

Imagen
Se David Mella traballara en NaDo diría: “Somos o puto verán, irmão”. Verán xantamos hoxe. Bonito, tomate, boquerón, escarola, sardiña*, pementos de Padrón, mexillóns, lumbrigante... Mola a nova estrutura de menús de NaDo. Hoxe foron os grandes clásicos - caeu a vieira con holandesa, por suposto; e, por suposto, tamén o flan - e peixe á grella para rematar a función: un tremendo rodaballo que ben podería ter sido un ollomol. Bos viños na carta: escollemos o fantástico Acios da Xesteiriña e unha pineau d’aunis do Loira, Galicia en Francia. Dicía Iván Domínguez : “Como non me decatara antes.” Iso, como non se decatara antes... 😉 (*) Mira que son pouco de gilda, pero esta... Ver esta publicación en Instagram

Unhas horas en Porto (e un par de sitios onde ir tomar viño)


¡Que cidade, Porto! Foran só unhas horas, pero cundiron moito.

Alén das vistas e das ruelas, dos rabelos e das pontes, das igrexas e da Ribeira, da brétema e do solpor, dúas paradas estratéxicas que recomendo a todos:

  • Un viño, un queixo e unhas conservas con vistas marabillosas ao Douro no Wine Quay Bar.
  • Viñazos, coñecemento e unhas charcutarias de impresión (¡que lardo!) no Prova de Diogo Amado.

Comentarios

Entradas populares

¿Dónde tomarse un buen gin tonic?

Restaurantes coruñeses: ranking 2008

¿El mejor asador de Coruña?