Atelier de Amanda (Mera, Oleiros): fixémoslle caso ao faro

Imaxe
Seica o faro de Mera e a Torre de Hércules levan décadas laretando dun lado ao outro da ría, coma dous vellos sentados en bancos distintos dun mesmo paseo. Hoxe, sol de novembro e día de primavera, ouvíanse ben. A Torre presumía de cidade, de rúas e de xente. O faro, máis calado, apuntaba cara a terra, a unha Mera case baleira, onde fumega a cociña do Atelier de Amanda . Fixémoslle caso ao faro. Dos xa coñecidos, o sashimi de vieira chegou desta vez morno: gosto máis desta versión de outono; a carbonara de migas, ovo, San Simón e chourizo segue a ser un pratazo. Chourizo tamén nas novidades, con castañas nas croquetas, mellores que as de queixo; estupendo o allo branco con sardiña e algas que traía o mar enteiro dentro. Como o traía o sargo de Pescados Rabina cun fondo de patacas de Coristanco. A sobremesa (remolacha, limón e froita da paixón) gañou a miña atención: novidade! O Bierzo tamén quixo sentar á mesa: Ultreia Rapolao de Raúl Pérez . Novembro, sol, mar, paseo e unha bo...

A primeira centola da tempada en Casa Surrey (A Coruña)


Coido que só consulto o DOG para unha cousa: saber que día de novembro remata a veda da centola (pasábame o mesmo co ourizo en Chile). E, con esa data en mente, o seguinte é facer a reserva oportuna para o primeiro contacto coa raíña en Casa Surrey.

Onte foi o momento. Neste caso, un rei: un macho de tres quilos. Ben cheo, carne branca, brillante, tersa; caca densa, textura case de foie, intensidade bestial. Un toque de heterodoxia: pan torrado en manteiga. E un viño á altura, o Parcela Talai de Ribeiras de Armea, con ese carácter que lle da o velo.

Para repetir moitas veces até... haberá que consultar o DOGA outra vez.

Ver esta publicación en Instagram

Comentarios