A caldeirada de raia de Taberna Beade (Paderne)
Pasado o cruce da N VI (négome a chamala N 6) en Coirós, corredoiras arriba en dirección a Paderne, xa ía matinando na carne asada de Taberna Beade e nalgún dos viños vellos de Ribeiras de Armea , a lingua feita auga. Poucos minutos despois, Josiño sacaba* unha agudelo de 2018, crianza biolóxica, pequena xoia, unha mostra máis do potencial de Betanzos e do crack que é este home. E na pota de porcelana, tralos boqueróns e as luras de potera ben fritidas, o xarrete que se desfai na boca, os pementos. Moito se fala das cores do chuletón, moi pouco das da pataca confitada: pequena, redonda, feita ben amodo, amareliña do azafrán por fóra, branquiña por dentro, melosa, sabedeira. Porén, o cadro foise ao carallo. Foi a raia, a caldeirada de raia. Non sei como fixo Ivett, pero estaba de impresión: carne tersa, branca, aveludada; peixe e preparación humildes roubando todo o protagonismo da boa feitura que tiñan. Tremendo. Pouco valoramos termos lugares así. Casa de comidas que mantén...
Interesantísimo o tema Augusta Spa. Xa me contarás o sábado. Estíveno mirando hai un mes, tras unha semana de tolos, e botámonos atrás no último momento.
ResponderEliminarpantagruel:
ResponderEliminarEso no es acudir a una xantanza de blogastrónomos...eso es vivir a cuerpo de Rey. !que envidia!
Ya me contarás los detalles, cuando nos veamos.
Pois si, qué dura...
ResponderEliminar¡ Que pena ! Es un sacrificio enorme tener que asistir a tantas comidas exquisitas...Muy duro , si, muy fuerte.
ResponderEliminar