Un menú con memoria en Nojira (A Pobra do Caramiñal)

Imaxe
Chegaron á Pobra do Caramiñal, a finais do XVIII, cataláns que sabían de sal, de peixe e de contas. Fixeron barrio no Areal, que aínda hoxe lle chaman dos Cataláns. Deixaron salgadoiros e despois conserveiras, deixaron apelidos e tamén casas de pedra que foron cambiando de oficio sen mudar de sitio. Unha delas, a carón da area, foi salgadoiro e logo consulta de dentista. Garda o chan de xadrez e, detrás, un xardín entre altos muros onde as araucarias, que tampouco son de aquí, levan tempo dabondo para parecelo. Hai non tanto, o fillo do dentista volveu á casa do pai e acendeu o lume. Luís, que así se chama, non precisa de máis man ca a súa en Nojira para coidar de cociña, sala e conversa. Ten un menú único, un menú con memoria: sardiña en salazón e mexillón en escabeche con allo branco; a historia do Areal presente na mesa. E ben cociñada, cun prato sobranceiro: unhas navallas feitas amodo, ao baleiro, tersas, co sabor do mar recollido nelas. Luís ten mundo e, como no barrio, o ...

A Tafona (Compostela): lixeireza, frescor, verán

Mediados de xullo e, en A Tafona, o menú de Lucía Freitas sabe a verán: lixeireza e frescor de principio a fin.

Un sanmartiño branco e terso sobre chícharos. A presa ibérica, brillante na súa salsa. O pintado, nun caldo vermello de amorodos. Espárragos, sardiña e allo branco, que é o verán nun prato. E o mango, para pechar.

Na copa, viños da terra. Entre eles, un Chánselus de Bernardo Estévez: Ribeiro de Arnoia, castes de aquí e viña traballada sen artificios. Dos que están a devolverlle ao Ribeiro o sitio que nunca debeu perder.

Ver no Instagram

AS FOTOS8 fotos
Foto 1 de 8 Foto 2 de 8 Foto 3 de 8 Foto 4 de 8 Foto 5 de 8 Foto 6 de 8 Foto 7 de 8 Foto 8 de 8

Comentarios