Culler de Pau (O Grove): unha viaxe de horas, unha viaxe de anos

Imaxe
21 de novembro, choiva, vento fungando, mar brava, pero a tradición manda: antes de subir a Reboredo, unha 1906 na terraza do Náutico de San Vicente ; con abrigo, iso si. Cumprir a tradición cando o tempo non axuda vale o dobre. O menú Descuberta de Culler de Pau é longo, pero fluído, líquido, áxil; muda de escenario sen case se notar. Comeza na horta, desde o consomé de verduras asadas até a folla do rabanete. Despois, amodo, chega o mar, con bocados notábeis: os camaróns vivos, a volandeira de Cambados, a robaliza curada, a magnífica centola de O Grove. E entón os terreos comezan a mesturarse: a ostra vai con auga de monte e hai un “molusco vexetal”; volve a horta cun pratazo, ese que desde hai tempo non falta, desta volta un pemento con castaña e zume de ameixa. Antes dos doces, o monte: o fondo de caza, a pularda de Mos. É unha viaxe de horas dentro doutra de anos. A primeira vez no Culler foi no 2009 , tamén en outono, cando todo comezaba. Houbo espinacas, houbo unha cebola...

Culler de Pau (O Grove): a cebola e os veciños

Non sei por onde empezar. Quizais pola vieira, aveludada. Ou pola nécora, pola intensidade da súa caca (se se me permite o tecnicismo). O choco, ao dente. O tartar. Ou o peixe sapo: ¿dixen xa que me parece o peixe máis infravalorado do mar? Aquí chega en tres tempos, e o da pel é marabilloso (como xa contara o ano pasado).

Pero si sei por onde rematar: pola cebola. Nese prato está a esencia do que fai Javi Olleros en Culler de Pau. A terra, a proximidade, o valor do veciño, a sinxeleza. Se houbese un índice sabor-humildade, ese prato encabezaríao.

Na copa, o Embaixador de Attis, xa case unha tradición. ¡Que cor tiña!

E queda a cervexiña de antes, no Náutico de San Vicente. O bar do lado, a adega do lado, o produto do lado. A cousa vai de veciños, ¿non?

AS FOTOS10 fotos
Foto 1 de 10 Foto 2 de 10 Foto 3 de 10 Foto 4 de 10 Foto 5 de 10 Foto 6 de 10 Foto 7 de 10 Foto 8 de 10 Foto 9 de 10 Foto 10 de 10

Comentarios