Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá
Teimando en comer, beber e contar
Daqueles anos en Chile, gastronomicamente a maior saudade vai para os ostións - vieiras - patagónicos que o grande Marcos Baeza servía nun usuzukuri bestial (ollade para a última foto); para as deliciosas chochas de Coquimbo que tanto gozamos con Gabriel Layera. E, por riba de todo, para os ourizos de Caldera: grandes, cremosos, enchían a boca primeiro cun golpe salino, para rematar cun leve amargor marabilloso.
De volta en Galicia, non fun quen de atopar ourizos que me lembraran a aqueles. Os de aqui son máis pequeniños, menos intensos, máis doces. Cunha excepción: os de Caballa 14, que si son quen de achegárense aos chilenos. Hoxe tomámolos por partida dupla, en nigiri e en tosta: boísimos. Pregunteille a Rebo polo segredo, pero non sei se podo divulgalo 😉.
Un Caballa 14 que cada vez vai dando un pasiño á fronte, especialmente nas “cositas” que completan a carta alén do sashimi e os nigiri. As vieiras con piquillo de hoxe estaban magníficas.
Pasiño que, tamén, se nota na escolma de viños: hoxe acompañou - e moi ben - á omakasé un cremant borgoñón de Domaine Mikulski.
Ledo de ver como un concepto en principio lonxano ao que se estila pola cidade non só enche, senón que evolúe e se consolida.
Ver esta publicación en Instagram
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...