Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá
Teimando en comer, beber e contar
Aguachile, palta, cilantro, choclo co bonito listado. Calquera que me leva de volta a América tenme gañado. Sabores e recendos que gorentan.
Gañoume Adrián Albino na mesa do chef do Niño Corvo. América, Asia e, sobre todo, Galicia. Unha mestura ben feita. O citado aguachile de bonito, a sobranceira gyoza de choco coa súa tinta, o gunkan de ourizo chileno. Sabores de máis perto: o salmonete coa súa maionesa, a sardiña afumada, o nigiri de sargo con panceta, a xarda.
O viño. Condado, Cenlle, Amandi. Escolma ben intelixente, complementada con burbullas de aquí e acolá.
Son dos que colocan a fusión baixo sospeita, dos que fuxen de gyozas, baos e panipuris. Tan manoseados, tan maltratados. Seica por iso, presta o dobre atopares un lugar onde saben facela, coma o Niño Corvo.
Ver esta publicación en Instagram
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...