Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá
Teimando en comer, beber e contar
Chegaba coas expectativas moi altas a Lera, o cal sempre ten o seu risco. Menú longo de caza, máis dunha ducia de pratos nun frío e chuvioso día de decembro. E, a verdade, é que non sei por onde comezar: aínda estou abraiado.
Por unha banda, porque nun menú tan extenso non houbo nin un punto frouxo. Nada, nada que baixara un pouquiño o nivel. Segundo, polo equilibrio entre intensidade de sabores - ¡que fondos, que caldos, que escabeches! - e sutileza: caza, monte e bosque tamén poden xogar na Champions da elegancia.
E, terceiro, porque tomamos varios pratos dos de non esquecer, dos que fican na memoria para sempre (vouvos aforrar os superlativos: engadide os que vos pete e non vos ides pasar). O caldo de pato, cogomelos e viño rancio. As fabas con lebre. O faisán con marmelo. Tamén o escabeche de lingua de xabarín con ostra, e os níscalos, e o pichón.
En fin, tres horas gozando como cativos, desexando que non pasara o tempo naquel luminoso comedor no que Luis Lera fai maxia co que lle entrega a Terra de Campos. Verdadeira maxia.
Ver esta publicación en Instagram
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...