Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Crónica dunha previa en Salpica (A Coruña)


3:10 – Ímoslle á previa a Salpica!! 13:25 – Oes, Vanessa, hoxe temos o corpo de branco do Ribeiro. Que tes por aí?
13:35 – Carallo, está bo este godello con anos de Adegas Celme. Non o imos tomar só, non? Manolo, abre unhas ostriñas, porfa! Das planas, mellor. E xa que andas, trae uns mexillóns en escabeche.
14:10 – Estando aquí tan ricamente, eu diría que picamos algo máis e saímos xantados. Un par de cigalas á prancha, veña.
14:30 – Que probemos a pescada en tempura e o polbo? Dalle, ti vai sacando.
15:10 – Haberá que tomar algo de sobremesa, non? Pon aí uns camaróns, que eu non che son moito de doce. E algo de viño, que a botella do Celme tiña un buraco.
15:35 – Ben, unha copiña de tinto para pechar...

Como prestan esas previas que viran en detallados estudos empíricos sobre o pracer do bo xantar e beber. Vivan os bares, vivan as barras!!!!!

Ver esta publicación en Instagram

Comentarios