A caldeirada de raia de Taberna Beade (Paderne)
Pasado o cruce da N VI (négome a chamala N 6) en Coirós, corredoiras arriba en dirección a Paderne, xa ía matinando na carne asada de Taberna Beade e nalgún dos viños vellos de Ribeiras de Armea , a lingua feita auga. Poucos minutos despois, Josiño sacaba* unha agudelo de 2018, crianza biolóxica, pequena xoia, unha mostra máis do potencial de Betanzos e do crack que é este home. E na pota de porcelana, tralos boqueróns e as luras de potera ben fritidas, o xarrete que se desfai na boca, os pementos. Moito se fala das cores do chuletón, moi pouco das da pataca confitada: pequena, redonda, feita ben amodo, amareliña do azafrán por fóra, branquiña por dentro, melosa, sabedeira. Porén, o cadro foise ao carallo. Foi a raia, a caldeirada de raia. Non sei como fixo Ivett, pero estaba de impresión: carne tersa, branca, aveludada; peixe e preparación humildes roubando todo o protagonismo da boa feitura que tiñan. Tremendo. Pouco valoramos termos lugares así. Casa de comidas que mantén...
Pois parabéns!, ¿qué outra cousa imos dicir? O importante é que os dous estén ben, aínda que boto en falta canto pesou, a quen se parece... e cousas dese tipo. Bicos para todos!
ResponderEliminar¿Xa pideu xamón?. ¡Bo sinal! Parabéns a apertas.
ResponderEliminarMuchas felicidades para todos.Para el aniversario de las Xantanzas,tenemos asegurado e número infantil.
ResponderEliminarUn abrazo
Pois parabéns para tódolos Pantagrueles, Pantagruelas e Pantagrueliños.
ResponderEliminarXa temos outro blogogastrónomo!!!
Moitas gracias a todos. Para os ávidos de datos: pesou 3.700 gr, mediu 51 cm, e se parece a tódolos demás bebés de tres días ;-)
ResponderEliminarCaramba. Pequerrecha, a criatura.
ResponderEliminarDame a min que vai ser un Pantagrueliño de bo dente.
Hola Fou, hola Pilarín
ResponderEliminarAcadamos de enterarnos da boa nova, parabéns e unha forte aperta
César e Chus
Felicidades, me encanta tu blog, adoro viajar y comer, con lo que soy tu fiel seguidora.
ResponderEliminarBesitos
Sinto o retraso. Noraboa ;-)
ResponderEliminarEnhorabuena!!!!! para ti, la mami la hermanita!!
ResponderEliminarHabrá que pedir una silla más en la mesa, no?
Felicidades!
Moitas gracias de novo a todos. Gourmet, como di Sao Mai, vai haber que ir ampliando prazas para as xantanzas...
ResponderEliminar