Un menú con memoria en Nojira (A Pobra do Caramiñal)
Teimando en comer, beber e contar
Non todo ía ser A Coruña nestas vacacións. Casa Solla segue a ser, moi probablemente, o lugar máis elegante para comer en Galicia: había que visitalo.
Do menú Trasmallo, a vieira, mariñada en auga de mar por Pepe Solla: puro veludo, apenas matizado polo cremoso de augachile. E, entre outros bocados, o taco de vaca; os percebes e o seu caldo; o marisqueo de concha; o xurelo con remolacha; as espinacas cos anacardos.
Mención aparte para o produtazo: a palometa roxa de Ribeira, en dous tempos. Primeiro, simplemente pasada pola prancha, ela soíña no prato, no seu punto exacto; non precisa máis. Despois, a súa caldeirada, para mollar o mellor pan do mundo: o galego.
E, para rematar, o carro de queixos. Tremebundo. Entre eles, o azul de Airas Moniz, Savel, nomeado este ano o mellor de España. Así se lle dá valor ao produto.
Comentarios