A caldeirada de raia de Taberna Beade (Paderne)

Imaxe
Pasado o cruce da N VI (négome a chamala N 6) en Coirós, corredoiras arriba en dirección a Paderne, xa ía matinando na carne asada de Taberna Beade e nalgún dos viños vellos de Ribeiras de Armea , a lingua feita auga. Poucos minutos despois, Josiño sacaba* unha agudelo de 2018, crianza biolóxica, pequena xoia, unha mostra máis do potencial de Betanzos e do crack que é este home. E na pota de porcelana, tralos boqueróns e as luras de potera ben fritidas, o xarrete que se desfai na boca, os pementos. Moito se fala das cores do chuletón, moi pouco das da pataca confitada: pequena, redonda, feita ben amodo, amareliña do azafrán por fóra, branquiña por dentro, melosa, sabedeira. Porén, o cadro foise ao carallo. Foi a raia, a caldeirada de raia. Non sei como fixo Ivett, pero estaba de impresión: carne tersa, branca, aveludada; peixe e preparación humildes roubando todo o protagonismo da boa feitura que tiñan. Tremendo. Pouco valoramos termos lugares así. Casa de comidas que mantén...

Todo en orde no Lagar da Estrella (A Coruña)


Nova visita, un frío sábado de xaneiro. Pero non importa o tempo, a solvencia segue alí presente. Pola mesa desfilaron muitos dos clásicos (usuzukuri de corvina 😋, carpaccio de gambón ao allo, xurelo marinado 😋, tosta de sardiña, cigalas e ovos) e tamén unha destacada novidade: o solombo Wellington de atún vermello. Na sobremesa, claro, o flan. Até o viño foi dos que fan sentir na casa: o Louro do Bolo de Rafael Palacios.

¡Todo en orde no Lagar da Estrella!

[Anterior visita en agosto de 2023]

Comentarios