A caldeirada de raia de Taberna Beade (Paderne)

Imaxe
Pasado o cruce da N VI (négome a chamala N 6) en Coirós, corredoiras arriba en dirección a Paderne, xa ía matinando na carne asada de Taberna Beade e nalgún dos viños vellos de Ribeiras de Armea , a lingua feita auga. Poucos minutos despois, Josiño sacaba* unha agudelo de 2018, crianza biolóxica, pequena xoia, unha mostra máis do potencial de Betanzos e do crack que é este home. E na pota de porcelana, tralos boqueróns e as luras de potera ben fritidas, o xarrete que se desfai na boca, os pementos. Moito se fala das cores do chuletón, moi pouco das da pataca confitada: pequena, redonda, feita ben amodo, amareliña do azafrán por fóra, branquiña por dentro, melosa, sabedeira. Porén, o cadro foise ao carallo. Foi a raia, a caldeirada de raia. Non sei como fixo Ivett, pero estaba de impresión: carne tersa, branca, aveludada; peixe e preparación humildes roubando todo o protagonismo da boa feitura que tiñan. Tremendo. Pouco valoramos termos lugares así. Casa de comidas que mantén...

Bebendo as paisaxes da Ribeira Sacra lucense


Bebemos a Ribeira Sacra lucense esta fin de semana. Bebemos Chantada e as Ribeiras do Miño. Bebemos Belesar, O Pincelo, A Veiga, A Míllara, Augacaída.

Bebemos co nariz e coa boca. O viño, claro, e tamén os queixos, a vaca, o porco: chourizo, lacón, cachola. Bebemos cos ollos esa paisaxe inigualable. Bebemos co corpo mergullando no Miño. Bebemos co ouvido o silencio sobrecolledor dunha noite morna de agosto, lonxe de calquera masificación.

Bebemos ese luxo que é Galicia.

Comentarios