A caldeirada de raia de Taberna Beade (Paderne)

Imaxe
Pasado o cruce da N VI (négome a chamala N 6) en Coirós, corredoiras arriba en dirección a Paderne, xa ía matinando na carne asada de Taberna Beade e nalgún dos viños vellos de Ribeiras de Armea , a lingua feita auga. Poucos minutos despois, Josiño sacaba* unha agudelo de 2018, crianza biolóxica, pequena xoia, unha mostra máis do potencial de Betanzos e do crack que é este home. E na pota de porcelana, tralos boqueróns e as luras de potera ben fritidas, o xarrete que se desfai na boca, os pementos. Moito se fala das cores do chuletón, moi pouco das da pataca confitada: pequena, redonda, feita ben amodo, amareliña do azafrán por fóra, branquiña por dentro, melosa, sabedeira. Porén, o cadro foise ao carallo. Foi a raia, a caldeirada de raia. Non sei como fixo Ivett, pero estaba de impresión: carne tersa, branca, aveludada; peixe e preparación humildes roubando todo o protagonismo da boa feitura que tiñan. Tremendo. Pouco valoramos termos lugares así. Casa de comidas que mantén...

Pedra, madeira e lume en Magoya (A Coruña)


Unha nova opción de brasa, desta vez no corazón da zona dos viños; pedra, madeira e lume na rúa Barrera: Magoya.

Comezamos con forza nas entradas: moi boas as moelas, tamén a morcilla; o steak tartar co aliño no se punto.

Non sei por que é tan difícil de atopar a entraña nas cartas dos restaurantes, incluso dos asadores: é suculenta, sabedeira. Un acerto de Magoya ofrecela. Pinchazo, porén, no ojo de bife: de longo moi cocido, aínda sendo pedido mal pasado.

No servizo - especialmente no viño - nótase a recente apertura. Nada que non se poda curar co tempo. Boa escolma na adega, en calquera caso.

Outra proposta para ollar de preto como evolúe no tempo.

Comentarios