Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá
Teimando en comer, beber e contar
Cando saio por aí xantar ou cear con amigos ou familia, creádelo ou non, participo nas conversas, fágolle pouco - ou non moito - caso á comida e - case - non saco fotos. Por iso nunca escribo dos restaurantes que visito en grupo: non me gusta facelo se non prestei a atención que merece ao que me serviron.
Ese é o motivo polo que, embora ter estado no Culuca moitas veces, nunca posteara alén dalgunhas stories. É que non é doado atopar lugares que permitan acomodar gustos diferentes e auto-limitacións nas escollas e, ao mesmo tempo, ofrezan unha cociña de nivel. A proposta do Culuca, ademais de boa, é o suficientemente versátil para estar seguro de que vai haber opcións para todos... ¡incluído eu!
Xa tocaba: esta fin de semana fixen unha visita “consciente” e solucionei a eiva. Tomamos as últimas pingas dun verán que xa remata: o salpicón de lubrigante, o xurelo marinado, o tartar de bonito con codium; tamén os berberechos e o sargo ao forno; e, por suposto, ¡os callos!
Outro punto forte é a adega, que alimenta a vista se estás nunha das mesas altas da zona de bar. O 200 Cestos de A Coroa foi o que acompañou desta vez.
Ben, tardou pero chegou: xa está Culuca por aquí.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...