Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá
Teimando en comer, beber e contar
Mira que eu son de experimentar, de coñecer, de variar. Pero hai algo nesa parte inicial de carta de O Lagar da Estrella cunha forza de atracción, de gravidade que non consigo resistir. Non sei se é costume ou simple teimosía, pero hai escollas que non podo traizoar cando entro nese local. Disque agora lle chaman comfort food, coma se o inglés lle dera máis prestixio ao pracer de repetir.
Entón, claro, alá foi o carpaccio de gambón ao allo; alá foron as tostas de sardiña afumada; e alá foi, sobre todo, o usuzukuri de corvina á galega.
Chegou despois a tempada a desviarnos do camiño habitual: moi ricos os cogomelos salteados con apionabo e xema de ovo. Pechamos o salgado cun arroz de choquiños fritidos, antes de dar paso a un capítulo doce capitaneado, como non, polo inmenso flan.
Talvez algún día consiga resistir esa gravidade. Até que chegue ese momento, seguirei gozando do ben feito: recuncar, aínda que sexa unha palabra galega, tamén ten o seu encanto.
Ver esta publicación en Instagram
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...