Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá
Teimando en comer, beber e contar
Forno e brasa. Raúl e Rodri. Río e fraga.
Co de arriba daría para resumir, ben resumido, o que aporta - e non é pouco - o pendello restaurado que acubilla o comedor de Salvaxe, apenas unhas semanas aberto.
Cachena, rubia, minhota, da man de Mario Nogueira. Certo o punto, mol de desfacerse, o chuletón de vaca da primeira. A pataca e o pemento ao forno, á altura.
Por encargo, tamén año, porco e peixe.
As entradas non desmerecen: alcachofas con panceta e payoyo; vieira apaxada na brasa, parmentier e xamón.
Con dous collóns, só hai viños de Raúl Pérez e Rodri Méndez. ¿Quen precisa máis? Ese As Covas é unha pasada.
A mesa de fóra ten moita cara de gin tonic nos longos solpores do verán. Hoxe, e tampouco estivo mal, foi un vermutiño abrigados ao frío sol de novembro, tras visitar o veciño mosteiro de Caaveiro.
Ten pinta de irse converter nun planazo isto de Salvaxe.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...