Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá
Teimando en comer, beber e contar
Outro xantar deses en Ríos O Freixo (Outes). Dos de produto do mar en estado puro, tratado co máximo respecto, case diría que coa máxima admiración.
A estrela da tarde foi un escacho ou rubio, con certeza non un dos peixes de máis nome, pero que ben asado no forno amosa unha carne branca, fina, tersa, sabedeira. Non o tiña doado: antes chegaran as ameixas rubias, os carneiros ao natural, as cigalas, o carpaccio de gamba. Rivais de altura, pero aínda así.
O líquido non ficou atrás, porque a escolma de viños é ben potente. É unha marabilla poder acompañar un xantar tan galego con varietais de lado e caíño longo, Ribeiro da Arnoia de Mauro Estévez e Ribeira Sacra de Quiroga de Atrium Vitis, respectivamente. Formidábeis ambos os dous.
Peixe humilde elevado a estrela, viños que non precisan gritar para expresar Galicia. O oficio de Ríos O Freixo fai del un lugar onde o importante segue sendo importante, algo cada vez menos frecuente.
Ver esta publicación en Instagram
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...