A caldeirada de raia de Taberna Beade (Paderne)

Imaxe
Pasado o cruce da N VI (négome a chamala N 6) en Coirós, corredoiras arriba en dirección a Paderne, xa ía matinando na carne asada de Taberna Beade e nalgún dos viños vellos de Ribeiras de Armea , a lingua feita auga. Poucos minutos despois, Josiño sacaba* unha agudelo de 2018, crianza biolóxica, pequena xoia, unha mostra máis do potencial de Betanzos e do crack que é este home. E na pota de porcelana, tralos boqueróns e as luras de potera ben fritidas, o xarrete que se desfai na boca, os pementos. Moito se fala das cores do chuletón, moi pouco das da pataca confitada: pequena, redonda, feita ben amodo, amareliña do azafrán por fóra, branquiña por dentro, melosa, sabedeira. Porén, o cadro foise ao carallo. Foi a raia, a caldeirada de raia. Non sei como fixo Ivett, pero estaba de impresión: carne tersa, branca, aveludada; peixe e preparación humildes roubando todo o protagonismo da boa feitura que tiñan. Tremendo. Pouco valoramos termos lugares así. Casa de comidas que mantén...

Mesón do Campo (Vilalba): transición de estacións na Terra Chá


Chega o outono, pero o verán aínda non da rematado. Xa hai cogomelos e caza, pero aínda temos figos e bonito e os últimos pementos e tomates. Non sei canto máis vai durar o planeta.

Namentres, imos gozar do que hai. E, se é principio de outono, onde mellor que na Terra Chá. E, se é na Terra Chá, que lugar con máis sensibilidade polas estacións que o Mesón do Campo.

Boletus e avelá, albóndigas de corzo e níscalos, figos e romesco branco, ravioli recheos de lumbrigante, foie, berberechos de Muros, queixos. Transición de estacións, territorio, cociña de sempre.

Unha adega descomunal. Un champagne de Nowack, tinto da Ribeira Sacra, amontillado con moitos anos. O que ti queiras.

Como di o cartel da mesa do espello: ledicia.

Comentarios