A caldeirada de raia de Taberna Beade (Paderne)

Imaxe
Pasado o cruce da N VI (négome a chamala N 6) en Coirós, corredoiras arriba en dirección a Paderne, xa ía matinando na carne asada de Taberna Beade e nalgún dos viños vellos de Ribeiras de Armea , a lingua feita auga. Poucos minutos despois, Josiño sacaba* unha agudelo de 2018, crianza biolóxica, pequena xoia, unha mostra máis do potencial de Betanzos e do crack que é este home. E na pota de porcelana, tralos boqueróns e as luras de potera ben fritidas, o xarrete que se desfai na boca, os pementos. Moito se fala das cores do chuletón, moi pouco das da pataca confitada: pequena, redonda, feita ben amodo, amareliña do azafrán por fóra, branquiña por dentro, melosa, sabedeira. Porén, o cadro foise ao carallo. Foi a raia, a caldeirada de raia. Non sei como fixo Ivett, pero estaba de impresión: carne tersa, branca, aveludada; peixe e preparación humildes roubando todo o protagonismo da boa feitura que tiñan. Tremendo. Pouco valoramos termos lugares así. Casa de comidas que mantén...

Unha primeira visita a Atípico (A Coruña)


A lista que teño de restaurantes por coñecer na Coruña é longa. E ten competencia forte: aqueles que xa coñezo, en non poucos casos de anos, e aos que me encanta volver; e os seus veciños de cidades e vilas galegas, que engaden ao gozar do bandullo a posibilidade de boas escapadas de fin de semana. Como o tempo é sempre menos do desexable, esa lista non baixa como eu quixera e, de feito, hai tempadas nas que medra.

Pero ás veces a improvisación axuda. Hai un par de sábados pasábamos pouco antes da hora do xantar cos nenos por diante do Atípico, preguntamos se había mesa e tivemos sorte. Deu para probar algúns dos clásicos – a ensaladilla con xarda afumada, o tartar de atún con amorodos e aliño cítrico –, tamén un arroz – de salmonete e maragota, moi bo –, aínda uns espárragos brancos fóra de carta, que para iso estamos en tempada, e un flan atípico para rematar. Na copa, o excelente A Espedrada de O Cabalín.

Claramente, un lugar ao que teño que volver sen improvisar, para explorar máis en profundidade. Promete.

Comentarios