Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá
Teimando en comer, beber e contar
Nestas pequenas crónicas trato de fuxir da restra de descricións de pratos. Non son quen para facelas ben e resulta máis aburrido que tentar contar algunha historia que xorde do xantar, da cea, da conversa, da contorna.
Ocorre que non sempre é doado atopar ese colgadoiro para comezar a escribir. Pero, curiosamente, cando visito NaDo saio de alí cun fervedoiro de ideas. Serán os pratos, será a pedra, serán as conversas con Iván Domínguez cando se achega con algún prato, será ou viño, será o pan ou o tremer do flan. Non sei, pero algo é.
Desta volta, podería falar de como ingredientes humildes poden virar pratazos: a faneca e o pemento, co escabeche; a berenxena, coa emulsión de galo. Do que aporta traballar con pequenas lonxas de vilas mariñeiras. De como pratos que parecían perfectos – as vieiras con holandesa de chalotas - aínda admiten unha volta de torca. De como aquel comerse o mar metafórico, hai máis dunha década na etapa do Loxe Mareiro, convértese en literal nas cocochas con codium. Ou do aloumiño da brasa a ese chipirón que non leva nada máis, só un pouco de aceite e sal.
Nunha época de (vallan os palabros) “xentrificación”, de “clonificación” da oferta gastronómica, que bo que haxa lugares que estimulen o cerebro deste xeito, ¿verdade?
Ver esta publicación en Instagram
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...