Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá
Teimando en comer, beber e contar
Dicíame hai non moito un cociñeiro que a pescada é o peixe máis infravalorado dos que gozamos en Galicia. Cada vez que vou a Bido estou máis dacordo con esa afirmación: no xantar de hoxe, alén do punto exacto, levaba un fondo de cigalas deses para lembrar, intenso pero sen eclipsar 😉 á protagonista.
Tamén hoxe, un panadeiro dos bos gababa nunha mensaxe a masa da empanada de xoubas só con ver a foto das stories. E un terceiro, máis noviño, facía o mesmo co mollo de pementos do bonito. E aínda non recibín comentarios dos berberechos con espárragos verdes, pero merecíano...
Porque os profesionais recoñecen o saber facer á primeira, incluso en foto. Saber facer que, xunto coa elegancia, son os sinais de Bido. Elegancia e saber facer en cociña e tamén en sala: tempos pausados, local maino, mantel, panos e ¡café!
En fin, un dos camiños que eu máis valoro: o de sempre, o de aquí, cada vez un chisquiño mellor feito.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario...