Publicacións

Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Miga (A Coruña): o refuxio dos domingos

Imaxe
Non vou ser eu quen se queixe da acelerada recuperación do que xa semella case un ritual na Coruña: os callos dos domingos. É máis, penso que deberíamos seguir esa liña para recuperar os pratos de culler en xeral, demasiado abandoados nas cartas dos restaurantes. Pero voltando ao tema, o desafío entón pasa por 1) atopar restaurantes abertos os domingos, 2) que teñan uns callos deses, de mollo espeso, que fagan os beizos apelicárense, que piquen un pouco máis do xusto, e 3) que teñan unha cociña á altura dos callos. Dous nomes que cumpren os tres requisitos veñen axiña á cabeza, e un deles é Miga . O domingo pasado, o “aperitivo” foi unha ensaladilla con tartar de langostino, uns erizos, uns berberechos con repolo e allo e un steak tartar cortado e aliñado como debe ser. E para pechar, claro, uns callos deses. Ben aderezada, claramente é unha tradición ben recuperada... (Vale, vale, o outro nome é Culuca ) Ver esta publicación en Instagram

Os contrastes de Londres

Imaxe
Agora que por traballo teño que viaxar bastante alá, tenme fascinado de Londres o permanente contraste entre o vello e o novo. É cruzar algunha das pontes cara á beira sur do río e poñerte automaticamente en “modo Peaky Blinders”: ao camiñar por Clink Street; pola chea de postos de comida, bares e restaurantes que se amorean baixo as vías do tren arredor da catedral de Southwark; polo Butler’s Wharf, do outro lado da ponte da Torre. Só a uns pasos, de novo na beira, erguer a vista alén do río ofrece o magnífico espectáculo da City, materialización do poder do diñeiro no século XXI. Unha City que, á súa vez agocha estreitas ruelas con eses pubs de nomes que só os ingleses saben poñer. Atopo que, lamentablemente, ese contraste irá esmorecendo a modiño, a medida que os case infinitos guindastres que se erguen por alá vaian rematando o seu traballo. Mentres, disfrutemos dunha cidade magnífica. Ver esta publicación en Instagram

Albanta (Pontevedra): os aloumiños sutís do lume

Imaxe
Nunha preciosa casa de pedra restaurada ás aforas de Pontevedra, as grandes pilas de leña xunto á entrada expresan claramente a intención de Albanta : o lume como fio condutor do que alí vai acontecer. Efectivamente, ao longo do menú, un moi matizado afumado lembra en todo momento como se están cociñando os pratos. Un menú que alcanza o seu cumio nos pratos nos que o fogo só aloumiñou o necesario para acadar o ponto exacto: as cocochas de merluza con chícharos, o polbo con fabas ou a ventresca de atún, sutís e saborosos. Temos tamén pratos de produto puro, as gambas brancas ou un lubrigante monumental. A carta de viños ten un nivelazo, non só nas moi ben escollidas opcións do país, senón tamén extranxeiras, especialmente Francia. Persoalmente gosto moito deste tipo de cociña: porque por definición require un respeito máximo ao produto; e porque é unha excelente mostra do grau de dificuldade que se agocha tralo (só en apariencia) sinxelo. Por iso vou procurando lugares como Alba...

Unha mañá por Ferrolterra

Imaxe
Seguimos co reencontro. Un percurso mañaneiro por Ferrolterra, do miradouro do Monte Ventoso até o Cabo Prior, pasando polas praias de Doniños, San Xurxo e Covas: areais salvaxes que amosan a forza do Atlántico. ¡Que paisaxes! E despois de encher os ollos e a alma, tocaba encher o bandullo. Escollemos A Gabeira , en Valón, onde saben moi, pero moi ben o que fan. Tremendo o centolo; excelentes os peixes (peixe sapo e robaliza) e unha adega moi ben poboada. O Zárate Balado do 17 de Eulogio Pomares estaba magnifico. Planazo! Ver essa foto no Instagram Uma publicação compartilhada por Manoel Foucellas (@manoelfoucellas)

Bido (A Coruña): equilibrio e elegancia lonxe dos focos

Imaxe
Aínda lembro aquela conversa con Juan Crujeiras despois dun xantar con amigos na Estación de Cambre. Unha conversa chea de sentidiño, ben cos pes na terra. Era xullo de 2007. Onte, máis de quince anos despois (as barbas de todos algo mais brancas), outra longa conversa despois da cea en Bido : o mesmo sentidiño, os mesmos pes na terra. E, sobre todo, unha madurez reflectida nun menú degustación sen un só ponto baixo. Unha secuencia de pratos elegantes, equilibrados, sen florituras innecesarias; plenos de sabor, que é o importante. Un exemplo: algo tan simple a priori como uns champiñóns cun mollo de trompetas dos mortos vira un cañonazo de sabor. Outro: o polbo con dashi da sua auga, repolo e curry funciona perfeitamente, cada ingrediente no seu espazo, en harmonía. Máis: a cococha de bacallau con guiso de manitas e garbanzos. E así toda a noite, cun desfile que foi desde clásicos como o raviol de carrillera e rabo de vaca até esa merluza aveludada, no ponto exacto, con fabas e demig...

Pedra Furada (A Coruña): un novo veciño con personalidade propia

Imaxe
Fomos onte ao Pedra Furada , só unhas semanas aberto nun luminoso local á veira da praia do Orzán, algunhas xanelas con vistas ao mar. Nun primeiro ollar á carta, a sensación é a dunha proposta na linha dos locais con más éxito na cidade. Pero non: xa na mesa, todos os pratos amosan unha personalidade propia, algo que é de agradecer. O xurelo marinado non viña no habitual mollo cítrico, senón nunha allada; a vieira, nun mar e terra con aliña de polo e coliflor; as cigalas, con tomate e micro camaronciños fritidos... Moi ben os pontos (pedimos cousas crúas ou só cun golpe de fervor) e, xa tema persoal, un aliño do tartar presente pero que deixaba o protagonismo ao sabor da vaca. Hai cociña. Interesante carta de viños. A nosa escolla, un Veigamoura que foi unha estupenda compañía das cigalas até os chocos. Só é preciso corrixir os desaxustes en sala normais nos inicios de calquera local. Benvido Pedra Furada !!! Ver esta publicación en Instagram

Todo en orde no Lagar da Estrella (A Coruña)

Imaxe
Usuzukuri de corvina 😋, carpaccio de gambón ao allo, xurelo marinado 😋, tosta de sardiña, cigalas e ovos, Wellington de atún, flan... Todo en orde no O Lagar da Estrella !!! Ver esta publicación en Instagram

Material (Malpica): brasa, produto, sabor, calor

Imaxe
Vivir en Sāo Paulo muda a túa percepción do tempo cotián: 45 minutos para chegar ao restaurante do xantar do sábado é unha boa noticia. Entón, cando voltas a vivir na Coruña, iso dá moitos graus de liberdade: quere dicir que - case, case - toda Galicia está a distancia. Por exemplo, Malpica. Por exemplo, o @restaurantematerial. Proposta tan sinxela como complicada: produto e brasa; calor na cociña e calor na atención na sala. Robaliza, rubia galega, perfeitos de ponto. Antes, alcachofas - tamén na brasa - con papada e steak tartar. Ese Pezas da Portela de @valdesil_bodega que melloraba cos minutos. Moi bo nivel. Previamente, paseo até o Faro de Ponta Nariga, até a ermida de Santo Hadrián, polo porto de Malpica, baixo ese sol de xaneiro a oito graus. Quen vai quedar na casa con esas alternativas? Ver esta publicación en Instagram