Publicacións

Un menú con memoria en Nojira (A Pobra do Caramiñal)

Imaxe
Chegaron á Pobra do Caramiñal, a finais do XVIII, cataláns que sabían de sal, de peixe e de contas. Fixeron barrio no Areal, que aínda hoxe lle chaman dos Cataláns. Deixaron salgadoiros e despois conserveiras, deixaron apelidos e tamén casas de pedra que foron cambiando de oficio sen mudar de sitio. Unha delas, a carón da area, foi salgadoiro e logo consulta de dentista. Garda o chan de xadrez e, detrás, un xardín entre altos muros onde as araucarias, que tampouco son de aquí, levan tempo dabondo para parecelo. Hai non tanto, o fillo do dentista volveu á casa do pai e acendeu o lume. Luís, que así se chama, non precisa de máis man ca a súa en Nojira para coidar de cociña, sala e conversa. Ten un menú único, un menú con memoria: sardiña en salazón e mexillón en escabeche con allo branco; a historia do Areal presente na mesa. E ben cociñada, cun prato sobranceiro: unhas navallas feitas amodo, ao baleiro, tersas, co sabor do mar recollido nelas. Luís ten mundo e, como no barrio, o ...

Pensión Marbella (Muros): nomes dos que desconfiar, recomendacións das que fiarse

Imaxe
Descíamos por Paxareiras no medio dunha brétema mesta: non se vía un carallo. O Corsa gris de diante ía a 30 como moito. Eu pensaba: ¿que fago aquí indo para un sitio que se chama Pensión Marbella ? Pensión Marbella. Hai combinacións de palabras que parecen deseñadas para me escorrentar, polo menos gastronomicamente. Pensión xa soa a cousa de paso, e Marbella á antítese de Galicia: ostentación, opulencia, ver e ser visto, coches grandes e prezos aínda máis grandes. Pero os que me dixeron que fose saben do que falan. E un aprende, co tempo, que hai nomes dos que desconfiar e recomendacións das que fiarse. Muros, vila garbosa, pero o día non axuda. Pincho nos soportais e imos aló. Sae David tomar a comanda e todo muda, néboa e choiva aínda fóra. Longueiróns tamaño diplodocus deixados no ponto certo. Lumbrigante azuliño, carnoso. Robaliza co alliño e o aceite que precisa, branca e tersa, sabedeira. Pataquiñas. Na copa, o Cíes 25 de Rodri Méndez . Só semanas na botella, pero xa...

Muíño do Vento (Fene): unha sona merecida

Imaxe
Hai sitios que teñen sona e hai sitios que merecen a sona que teñen. O Muíño do Vento é destes últimos. Daría só para irlles tomar as formidábeis ameixas (facédeme caso: pedide máis das que vos parezan axeitadas). Pero preparan ben outros mariscos e teñen bo peixe á prancha (onte, sanmartiño). E a adega tamén dá para beber con xeito. Por certo, o Muíño está a só cinco minutos da O Gaiteiro . Aperitivo no de Suso antes de subir a Magalofes e tremendo planazo de merenda-cea para unha tarde en Ferrolterra. De nada! 😉 Ver esta publicación en Instagram

Agocho do Bico (Camariñas): xa un referente da Costa da Morte

Imaxe
Resumía en tres palabras a anterior visita a Camariñas, aínda arriba, na Taberna: produto, viño, simpatía. Agora, no novo agocho de pedra do centro da vila, o resumo é igual de doado: produto, viño, simpatía. En realidade, non: así fica incompleto. Porque hai máis medios: a cociña, o equipo, o precioso salón, o patio; coido que hai máis confianza, máis convencemento, a seguridade do que tanto loitou por lanzar o proxecto; se cadra, aínda máis agarimo. Do que chegou á mesa, só ollade para as fotos. Cigala, chipiróns, palometa vermella, apaxados no lume, suaves, sutís. Percebazos do Vilán con amontillado de sobremesa. Antes, un grande clásico das Rías Baixas - Tras da Viña de Zárate - e unha Castelao do atlántico lisboeta de Marinho . Agocho do Bico , Dani e Sara, xa un referente da Costa da Morte. Desde onte, desexando que chegue unha desas fins de semana de outono, vento e chuva, paisaxe e mar, para cear, durmir e xantar no Agocho. Ver esta publicación en Instagram

Recuncando en Nordestada (Portosín)

Imaxe
Recuncamos en Nordestada . Recuncamos o tartar de bonito con ensaladilla, tamén as navallas con escabeche de limón. As tostiñas - finas, crocantes, non de brioche: que ben! - con manteiga de allo negro desta volta eran con sardiña. Novos os tremendos mexillóns XXL - dunhas bateas especiais de Aguiño, non podo dicir máis - en vinagreta. Nivel, nivel. O pargo para catro, monumental, carnoso, con mordida, cunhas pataquiñas asadas das que só hai por esta terra. Como xa é tradición, camaróns de sobremesa. Bebemos moi ben: o Pepe Luis 21 do Capitán Albamar , unha pinot de Toni Jost e algo de Niepoort para rematar. E, por riba de todo, tan a gusto con Nel, Pablo e todo o equipo. Sitiazo en Portosín! Ver esta publicación en Instagram

Unha vez máis en Miga (A Coruña)

Imaxe
Unha vez máis nese refuxio ancorado entre as pedras que é Miga Ver esta publicación en Instagram

Menos é máis: viño e produto

Imaxe
Ás veces, menos é máis. Hoxe, cecina e André Heucq en Magoya Onte, mexillóns ao vapor e María Luisa Lázaro de Rodri Méndez na A Fonte da Saúde ¿É preciso máis? Ver esta publicación en Instagram

Bido (A Coruña) e a pescada, ese peixe infravalorado

Imaxe
Dicíame hai non moito un cociñeiro que a pescada é o peixe máis infravalorado dos que gozamos en Galicia. Cada vez que vou a Bido estou máis dacordo con esa afirmación: no xantar de hoxe, alén do punto exacto, levaba un fondo de cigalas deses para lembrar, intenso pero sen eclipsar 😉 á protagonista. Tamén hoxe, un panadeiro dos bos gababa nunha mensaxe a masa da empanada de xoubas só con ver a foto das stories. E un terceiro, máis noviño, facía o mesmo co mollo de pementos do bonito. E aínda non recibín comentarios dos berberechos con espárragos verdes, pero merecíano... Porque os profesionais recoñecen o saber facer á primeira, incluso en foto. Saber facer que, xunto coa elegancia, son os sinais de Bido. Elegancia e saber facer en cociña e tamén en sala: tempos pausados, local maino, mantel, panos e ¡café! En fin, un dos camiños que eu máis valoro: o de sempre, o de aquí, cada vez un chisquiño mellor feito. Ver esta publicación en Instagram

Niágara: desmesura natural nun parque temático do consumo

Imaxe
Hai uns anos tiven a oportunidade de visitar Iguazú e fiquei completamente abraiado. Aquilo era natureza en estado puro: unha desmesura verde e branca, unha humidade salvaxe, un bruar enxordecedor, unha inxente forza sen domesticar. Niágara é outra cousa. A mesma auga, a mesma brutalidade, pero no medio dun parque temático do consumo: casinos, hoteis, luces, tendas, milleiros de turistas e todo o que a humanidade considera imprescindíbel poñer arredor dunha marabilla natural. E, con todo, tamén me engaiolou. Porque dous millóns de litros de auga caendo cada segundo impresionan estean onde estean. Ver esta publicación en Instagram