II Premios da Cociña Galega: unha lareira e unha cociña de ferro
Unha lareira e unha cociña de ferro. Invocou a imaxe Begoña Vázquez , de Regueiro da Cova , e ficou cravada nos meus miolos onte á noite nos II Premios da Cociña Galega. Non un prato, non un nome, non un aplauso. Unha cociña de aldea co lume aceso, a pota fervendo amodiño, alguén ao carón, sen présa. Falouse de moito e falouse ben. Ser cociñeiro en Galicia é unha sorte, dixo cada quen ao seu xeito. Antón gabou o praceiro, a lonxa, o mariñeiro, como outros fixeron con labregos e gandeiros. Anxo case berrou “eu quero vivir no rural”, igual que Xurxo . Houbo vivas para o capón de Vilalba, para o cocido de Lalín, para a empanada, para o polbo á feira, para a lamprea. Houbo lembranzas e dedicatorias a pais, nais, avós e avoas, mesmo bisavós e bisavoas. Territorio. Identidade. A lingua e a cociña, as dúas cousas que mellor nos explican e as dúas que máis doado é deixar ir. No persoal, moi ledo por poder ter sido parte destes premios. E, especialmente, por ver recoñecidos tantos d...
En París, todos os cartieis da rúa incluen (no caso das persoas) o seu oficio (ou a razón polas que mereceron levar a rúa), e tamén a data de nacemento e morte.
ResponderEliminarNo caso non de xente, se non de lugarses se menciona (Auterlitz: Batalla, Lyon, Cidade).
E o meu favorito: Rue Marcel Deunise (Propietario do terreno)
Un, que ten pouco mundo e se deixa abraiar por calquera cousa...
ResponderEliminar