II Premios da Cociña Galega: unha lareira e unha cociña de ferro

Imaxe
Unha lareira e unha cociña de ferro. Invocou a imaxe Begoña Vázquez , de Regueiro da Cova , e ficou cravada nos meus miolos onte á noite nos II Premios da Cociña Galega. Non un prato, non un nome, non un aplauso. Unha cociña de aldea co lume aceso, a pota fervendo amodiño, alguén ao carón, sen présa. Falouse de moito e falouse ben. Ser cociñeiro en Galicia é unha sorte, dixo cada quen ao seu xeito. Antón gabou o praceiro, a lonxa, o mariñeiro, como outros fixeron con labregos e gandeiros. Anxo case berrou “eu quero vivir no rural”, igual que Xurxo . Houbo vivas para o capón de Vilalba, para o cocido de Lalín, para a empanada, para o polbo á feira, para a lamprea. Houbo lembranzas e dedicatorias a pais, nais, avós e avoas, mesmo bisavós e bisavoas. Territorio. Identidade. A lingua e a cociña, as dúas cousas que mellor nos explican e as dúas que máis doado é deixar ir. No persoal, moi ledo por poder ter sido parte destes premios. E, especialmente, por ver recoñecidos tantos d...

Albanta (Pontevedra), outro dos grandes asadores galegos


Medra, medra, medra e medra o nivel dos asadores galegos: de Ourense a Malpica, de Padrón a Culleredo, os que me seguides por aquí xa o ides vendo. E na parte alta dese clube, sen dúbida, está o pontevedrés Albanta.

Por produto (gamba vermella, lumbrigante, moela, palometa vermella, vaca rubia galega) e por manexo do lume, que é o fundamental, claro. Pero tamén por local, por servizo e por unha carta de viños das que prestaría ficar lendo toda a tarde, á sombra das árbores que rodean a casona de pedra de Vilaboa, após un xantar deses...

Comentarios