Entre mareas e leiras en Pementa Rosa (Carballo)

Imaxe
Tres surfistas camiñan cara á auga coas táboas baixo o brazo, tres figuras minúsculas na inmensidade da praia. Baldaio, co ceo de chumbo e o mar rompendo lonxe: un deses días nos que o ollar vai do un ao outro sen acabar de decidirse. Non sei se os surfistas atoparían o que buscaban nas ondas. Nós si tiñamos claro onde queriamos chegar despois de percorrer o enorme areal de beira a beira: a Pementa Rosa , en Carballo. Xa sentados á mesa, semellaba que seguíamos a carón do Atlántico, dos montes e das hortas de arredor: usuzukuri de robaliza con bilbaína, moi bo; vieira con demiglace de ave e Galmesán; cigalas con fabas de Ponteceso (de Colectivo Xebre ); un sanmartiño excelente co seu pilpil; e unhas cantarelas con pataquiñas e ovo. Na copa, como Rubén é un fan do champagne, a elección veu case dada: o Philipponnat que nos trouxo acompañou moi ben a viaxe. Fóra, en Baldaio, ficara o mar coa súa teima de romper sempre no mesmo sitio. Dentro, por un tempo, tamén tivemos o noso pe...

Recuncando no Buxo Taberna (Cambre)


Recuncamos en Buxo Taberna. Desta vez xa sabiamos a que iamos, así que lle dixemos a Iván que sacara o que quixera.

E sacou uns boqueróns en vinagre con allo e oliva: xunto co fino de The Wine Bang, pasamos de Cambre en abril a Cádiz en xuño. Sacou a empanada de xouba e as croquetas. Uns espárragos - que bos están en abril! - ao dente con holandesa, e uns berberechos XXL cun mollo da súa auga, manteiga e allo. Sacou tamén un listado no ponto certo cunha demiglace do peixe e berenxena requeimada. E pedimos de sobremesa uns callos con patacas, regados con cava.

Os viños mandan no Buxo. E ese Xesteiriña está boísimo: de inicio e, sobre todo, con dúas horas aberto, xa morno.

Para volver e seguir volvendo.

Comentarios