Publicacións

Árbore da Veira (A Coruña): da cereixa á mazá

Imaxe
Durante moito tempo, a Árbore da Veira deixaba caer cereixas ao comezo da velada, cereixas vermellas e mentireiras: quen as mordía atopaba foie onde habían de estar a carne e o óso. Antonte non houbo cereixa. A árbore deu outra froita, e deuna ao final, cando xa ninguén a agardaba: unha mazá que tampouco era mazá, co queixo azul agochado no corazón. As árbores cambian co tempo: esta tamén. Deume por pensar que, dalgún xeito, esa troca de froitas tamén conta algo da cociña de Luis Veira , unha cociña que agora pisa máis lene e que antonte deixou na mesa pratos notábeis como o falso nigiri de anguía, steak tartar e trufa, o ceviche de peixe limón ou a stracciatella con champiñóns. Porén, o meu sitio segue a estar nos fondos e nos guisos, que agora pegan un pouco menos os beizos: a kokotxa e o seu pilpil, a pescada, a cigala con boletus e, sobre todo, as moegas de año e a raia con repolo. Para beber, o Bastardo 2016 do Mestre Mateo. Viñazo. A árbore cambia de froito, pero as raíces ...

Unha vez máis, coméndonos a ría de Arousa no Loxe Mareiro (Carril)

Imaxe
Non moito antes de sentarnos nos tallos da terraza, contemplabamos desde o alto da Curota a inmensidade da Ría de Arousa. Era un día de moita calor, deses de calima: a vista non era clara e a pequena illa de Cortegada apenas se distinguía entre Cabo de Cruz, o mar e o Xiabre. É unha paisaxe marabillosa a que se abrangue desde alí arriba, aínda entre a bruma. Unhas pracenteiras horas despois, a mesma Cortegada asomaba por esa xanela do Loxe Mareiro que xa é un símbolo. Para entón, deramos conta de camaróns, mexillóns, volandeiras, carneiros, sardiñas, ameixas, polbo, navallas, salmonete, xurelo; xa beberamos albariño de Sanxenxo e mencía e caíño de Ribadumia; xa nos remollaramos aproveitando que subía a marea e falaramos do divino e do humano entre grolo e grolo, entre petisco e petisco. Non foi planeado, en realidade casual o termos feito así o percorrido. Pero eu coido que case debería ser obrigatorio: que mellor xeito de apreciar, de agradecer todo o que nos da a ría desde o sit...

Viaxando no tempo con Lagar de Pintos

Imaxe
Quince anos. Tres lustros desque se vendimaran as uvas de Los Nietos 2010, de Lagar de Pintos . Estupendo. Once da colleita do 3.000 Cepas 2014, que nos levou a todos a Xerez. Nove da sorpresa da tarde-noite, o Lagar de Pintos 2016: albariño, Ribadumia, inox, botella e tempo. Puxo o listón ben alto desde o aperitivo. Continuamos viaxando no tempo, de 2010 a 2023. Falando moito con Marta Castro. Da realidade do viño galego hoxe e do infinito potencial que temos se somos quen de quitarnos certos lastres. Rías Baixas e todas as nosas DOs e IXPs. Rodolfus non foi só o anfitrión da velada. Como sempre, acompañou no prato con petiscos dos pequenos produtores de proximidade cos que traballa, aos que apoia: cogombro, navallas, cecina, queixo, tomate, pan, doces... todos con apelido, todos con topónimo, sempre presentes no momento de servir e explicar. Fidelidade máxima á orixe. Oxalá moitas máis xuntanzas deste nivel. Ver esta publicación en Instagram Una publicaci...

Sentidiño e precisión en Balarés Hotel (Ponteceso)

Imaxe
Lía hai pouco un artigo de María Nicolau no País que dicía, entre outras moitas cousas interesantes, que “nos está a quedar unha restauración gastronómica profundamente antipática, que exerce a creatividade contra o saber popular e o sentido común, en vez de alimentarse deles.” Matinaba niso o outro día mentres gozaba de moito sentido común no menú de Balarés Hotel , a poucos metros da praia do mesmo nome. Catro salgados, precisamente executados e con ese punto xusto de personalidade que ensalza pero non distorsiona. Navallas no punto certo cun aceite deses. A lura, mol e tersa ao tempo, cun mollo da súa tinta como ten que ser. O peixe á galega cunha pataca (de Coristanco, por suposto) e uns chícharos bágoa á súa altura e unha estupenda emulsión da allada. O arroz de porco celta para rematar antes das sobremesas. Nen máis nen menos. Sentido común, precisión. Sentidiño. Salientable a escolma de viños, tamén. Fomos co Mirando ao Chao de Boas Vides e con esa xoia que é o Sitta Pere...

Unha primeira visita a Atípico (A Coruña)

Imaxe
A lista que teño de restaurantes por coñecer en Coruña é longa. E ten competencia forte: aqueles que xa coñezo, en non poucos casos de anos, e aos que me encanta volver; e os seus veciños de cidades e vilas galegas, que engaden ao gozar do bandullo a posibilidade de boas escapadas de fin de semana. Como o tempo é sempre menos do desexable, esa lista non baixa como eu quixera e, de feito, hai tempadas nas que medra. Pero ás veces a improvisación axuda. Hai un par de sábados pasábamos pouco antes da hora do xantar cos nenos por diante do Atípico , preguntamos se había mesa e tivemos sorte. Deu para probar algúns dos clásicos – a ensaladilla con xarda afumada, o tartar de atún con amorodos e aliño cítrico –, tamén un arroz – de salmonete e maragota, moi bo –, aínda uns espárragos brancos fóra de carta, que para iso estamos en tempada, e un flan atípico para rematar. Na copa, o excelente A Espedrada de Adega O Cabalín . Claramente, un lugar ao que teño que volver sen improvisar, para e...

Gunnen (A Coruña): a técnica ao servizo do sabor

Imaxe
Nova visita a Gunnen , despois da feita ao pouco de abrir. Xa consolidado tras uns meses de operación, o seu menú Época é un desfile de multitude de técnicas de tratamento de produto – con especial protagonismo para as fermentacións – e tamén un degoiro de apañar todo, de non refugar nada. O máis importante é que nin técnicas nin aproveitamento son un fin en si mesmos, senón que cobran sentido en cada prato, contribuíndo ao máis importante: á textura e ao sabor das navallas, da centola, da lura, da coliflor, do lumbrigante, dos chícharos... Coido que as ideas de Chechu van dar moito que falar nos próximos tempos. Ben, non, seino de certo, pero non podo contalo... 😊 Ver esta publicación en Instagram

O que nos diría ChatGPT de Ultramarinos Galera (A Coruña)

Imaxe
Seica agora a vida vai toda de algoritmos. Non sei, pero por se acaso, velaquí un que funciona sempre: 1. Entra no local con paso decidido 2. Ollo á esquerda, foto á lousa tras da barra coas suxestións do día 3. Senta na túa mesa 4. Mira a foto, escolle o que máis che pete: canta máis cara de produto puro teña, mellor 5. Selecciona un bo viño da interesante escolma dispoñíbel 6. Pásao ben Non sei que dirá ChatGPT, pero coido que non hai mellor xeito de gozar en Ultramarinos Galera Ver esta publicación en Instagram

Nómade (A Coruña): viños arxentinos con boa compañía no prato

Imaxe
Camiñaba o outro día pola rúa Picavia cando un cartel chamou a miña atención: wine bar arxentino, seguido de nomes tan relevantes como El Enemigo, Catena Zapata, Rutini ou Bressia – adegas, a maioría, que puiden visitar cando vivía en Santiago de Chile, só cruzar os Andes para chegar a Mendoza. Obviamente, había que coñecer ese lugar: Nómade . E alá que fomos. Cociña de grella, de lume, á vista dunha acolledora sala de aires máis mediterráneos que pampeanos. Escollemos carne, claro: un ojo de bife ben mol, no seu punto e temperatura, algo tímido de sabor, acompañado por un boniato asado. Gustei das entradas, especialmente do aguacate en tempura con tartar de salmón; tamén bos os shiitake con tapenade, stracciatella e ourizo. A escolma de viños arxentinos está en construción, pero xa amosa cousas interesantes das adegas citadas e algunhas máis doutras zonas do país, de Salta á Patagonia: nós escollemos o Bressia Profundo, un blend mendocino no que predomina a malbec, tan elegante co...

Unha noite máis de sutileza e bo viño en Omakasé Sushi Bar (A Coruña)

Imaxe
Unha noite máis de sutileza e bo viño en Omakasé Sushi Bar . Enormes o nigiri de cigala e o chawanmushi con gamba vermella e chícharos bágoa. Abraiante a escolma de viños, pechando no alto co CDN de Yann Durieux. Que parella Adrián e Andrés !!!! Ver esta publicación en Instagram