II Premios da Cociña Galega: unha lareira e unha cociña de ferro

Imaxe
Unha lareira e unha cociña de ferro. Invocou a imaxe Begoña Vázquez , de Regueiro da Cova , e ficou cravada nos meus miolos onte á noite nos II Premios da Cociña Galega. Non un prato, non un nome, non un aplauso. Unha cociña de aldea co lume aceso, a pota fervendo amodiño, alguén ao carón, sen présa. Falouse de moito e falouse ben. Ser cociñeiro en Galicia é unha sorte, dixo cada quen ao seu xeito. Antón gabou o praceiro, a lonxa, o mariñeiro, como outros fixeron con labregos e gandeiros. Anxo case berrou “eu quero vivir no rural”, igual que Xurxo . Houbo vivas para o capón de Vilalba, para o cocido de Lalín, para a empanada, para o polbo á feira, para a lamprea. Houbo lembranzas e dedicatorias a pais, nais, avós e avoas, mesmo bisavós e bisavoas. Territorio. Identidade. A lingua e a cociña, as dúas cousas que mellor nos explican e as dúas que máis doado é deixar ir. No persoal, moi ledo por poder ter sido parte destes premios. E, especialmente, por ver recoñecidos tantos d...

Pedra Furada (A Coruña): un novo veciño con personalidade propia


Fomos onte ao Pedra Furada, só unhas semanas aberto nun luminoso local á veira da praia do Orzán, algunhas xanelas con vistas ao mar.

Nun primeiro ollar á carta, a sensación é a dunha proposta na linha dos locais con más éxito na cidade. Pero non: xa na mesa, todos os pratos amosan unha personalidade propia, algo que é de agradecer.

O xurelo marinado non viña no habitual mollo cítrico, senón nunha allada; a vieira, nun mar e terra con aliña de polo e coliflor; as cigalas, con tomate e micro camaronciños fritidos; fluido o interiro da croqueta na que descansaba o gambón... Moi ben os pontos (pedimos cousas crúas ou só cun golpe de fervor) e, xa tema persoal, un aliño do tartar presente pero que deixaba o protagonismo ao sabor da vaca. Hai cociña.

Interesante carta de viños. A nosa escolla, un Veigamoura que foi unha estupenda compañía das cigalas até os chocos.

Só é preciso corrixir os desaxustes en sala normais nos inicios de calquera local.

¡¡¡Benvido Pedra Furada!!!

Comentarios

  1. Tomo nota, Manoel. Sigo disfrutando de la gastronomía. Muchísimo. Y, con la edad, me temo que irá a más este deleite con la buena mesa. Gracias por tus recomendaciones en este sentido.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario...