II Premios da Cociña Galega: unha lareira e unha cociña de ferro

Imaxe
Unha lareira e unha cociña de ferro. Invocou a imaxe Begoña Vázquez , de Regueiro da Cova , e ficou cravada nos meus miolos onte á noite nos II Premios da Cociña Galega. Non un prato, non un nome, non un aplauso. Unha cociña de aldea co lume aceso, a pota fervendo amodiño, alguén ao carón, sen présa. Falouse de moito e falouse ben. Ser cociñeiro en Galicia é unha sorte, dixo cada quen ao seu xeito. Antón gabou o praceiro, a lonxa, o mariñeiro, como outros fixeron con labregos e gandeiros. Anxo case berrou “eu quero vivir no rural”, igual que Xurxo . Houbo vivas para o capón de Vilalba, para o cocido de Lalín, para a empanada, para o polbo á feira, para a lamprea. Houbo lembranzas e dedicatorias a pais, nais, avós e avoas, mesmo bisavós e bisavoas. Territorio. Identidade. A lingua e a cociña, as dúas cousas que mellor nos explican e as dúas que máis doado é deixar ir. No persoal, moi ledo por poder ter sido parte destes premios. E, especialmente, por ver recoñecidos tantos d...

Casa Surrey (A Coruña): Fran fai que pareza sinxelo


Fran fai que pareza ben sinxelo. Ambiente de taberna, material bo, proposta con sentidiño, prezos moito máis que razoábeis, a sensación de estar na casa. Por iso, Casa Surrey sempre ateigada, sempre un balbordo algareiro.

Nécora, cigala, camarón, salpicón: dúas horas de ensuxar ben os dedos, de chuchar cabezas, de triscar patas...

Capítulo aparte os viños. Onte foran dúas botellas con case unha década, dous 2017: o Finca Misenhora de Casal de Armán, case ao límite pero que acabou amosando o que é; e unha riesling alsaciana afiada, vizosa.

Fran fai que pareza sinxelo. Para nada o é. Iso sabémolo todos.

Comentarios